O preste roxo
Bibliografía
Venecia vivaldiana
BSO Settecento
Inventar Venecia
Publicado en: Sen clasificar por folerpa o xullo 1, 2010
Crítica aparecida no Faro da Cultura de data 24 de xuño de 2010,
picar para ver máis grande ( Aviso:contén spoiler)
Os personaxes: Charpentier
Publicado en: Sen clasificar por folerpa o maio 6, 2010
Antes de seguir a debullar o nacemento da novela, toca comezar a falar xa dos personaxes que por ela transitan.
Calquera lector espelido descubriría que ese indiano Charpentier que vai de bebedela co Preste Roxo é a miña pequena homenaxe ao gran Alejo Carpentier, un escritor co que gocei moito na miña adolescencia e do que descubrín, xa comezada a escrita de Settecento, a súa nouvelle Concerto Barroco, una verdadeira alfaia veneciana que vós recomendo a todos. Este Charpentier ten algo Carpentier real, a súa orixe franco-cubana por exemplo, pero tamén algo do Fitzcarraldo de Herzog, a sú intención de construir un pazo da ópera na Serra Madre.
Canda Vilvaldi e Charpentir, aparece xa mediada a novela, outro personaxe, cuxo nome e cirncunstancias non me pertencen, senón que llos debo a outro autor. Non vou dicir o seu nome. Sodes vós os que tedes que averigualo, tanto o escritor como a obra de onde proceden. Para facelo un chisco máis interesante, tedes un semana ata as 23.59 do xoves 13 de maio, para descubrilo. Podedes deixar as respostas nos comentarios desta anotación ou enviando un correo a marcoscalveiro@gmail.com Entre aqueles que acerten sortearei un lote dos meus libros, asinados ou non a gusto do lector. O venres 14 farei público o gañador e remitireille o paquete.
Penso que este dato non o comentei en ningunha presentación nin entrevista. Se o fixen, non fagades trampa e deixade que outros lectores o descubran por si mesmos. Así que todos a xogar. Sorte!!!!
A pescuda
Publicado en: Sen clasificar por folerpa o abril 27, 2010

…percorrín a rede e lin varias monografías sobre a luthería e os instrumentos de Antonio Stradivari, descubrín as teorías máis peregrinas sobre o seu son extraordinario, dende misteriosos vernices alquímicos, a madeiras cuasi fosilizadas ou a coma pitagórica. Era un mundo fascinante que ata tiña a súa propia e elitista sociedade. Aí, como digo eu sempre, había unha novela, e como xa dixen tiña un modelo: un escaravello exipcio que me maravillara alá polo comezo dos oitenta.
A miña intención era que fose a propio instrumento o que contase a súa historia, dende árbore, a viaxe na galeaza veneciana, a tortura da súa construción, as primeiras notas nas mans do artesán, os seus sucesivos donos, aventuras por teatros e pazos barrocos, as guerras napoleónicas, unha breve estadía en Compostela, o silencio durante case medio século, o seu redescubruimento na república da Weimar, a subida do nazismo, a persecución nas mans dun violinista xudeo e o seu final baixo un tanque soviético o día da caída de Berlín.
Máis, como me pasou con Festina Lente, do dicir ao facer hai moito que percorrer…
O celme
Publicado en: Sen clasificar por folerpa o abril 14, 2010
A idea de Settecento (daquela chamada Venezia) nace co artigo do musicólogo Ramón Andrés titulado “Las voces de la madera” que lin no suplemento de cultura de La Vanguardia o afastado 1 de novembro de 2006. Máis concretamente do seu parágrafo inicial que reproduzo deseguido:
” Cuenta Cozio di Salabue en su Carteggio iniciado en 1775 que las disputas entre los violeros, tanto venecianos como cremoneses, eran ciertamente acaloradas. Esperaban en los muelles, durante largos días, el regreso de las naves procedentes de las Indias, como aquellas que orzan en los lienzos de Claudio de Lorena. Traían exóticas maderas, de las que había que conseguir la mejor partida.”
Semella un comezo ben prosaico, seino, mais esa imaxe que eu construín na miña cabeza, a da loita dos aprendices dos luthiers nos peiraos de Venecia por marcar as mellores madeiras cos selos dos seus mestres, prendeu en min coma unha faísca e me levou a insensata procura dun stradivarius co que alicerzar unha novela da que xa tiña un modelo a seguir, ou iso pensaba eu…



